Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

A churra

Xogos Tradicionais Galegos

A churra

Como xogar:

Para este xogo necesítanse, cando menos, cinco participantes. O/A que leva o xogo denomínase "nai" e senta nun chanzo, nunha pedra, nunha parede... O primeiro/a xogador/a do equipo que apanda mete a cabeza entre as pernas da "nai" e os/as seguintes entre as pernas do/da que ten diante. O resto do outro equipo vai saltando de un/ha en un/ha a voz de "churra" e cando diga a nai "monta na mula", soben ao lombo dos/as xogadores/as que apandan. Unha vez todos/as arriba procuran non caer (de caeren, apandan) e o primeiro vai facéndolle sinais coas mans á "nai" para que adiviñen os/as que apandan. Se lle ensina un dedo (pico), a man aberta (pa), o puño pechado (mazo). Se os/as de abaixo acertan, pasan a montar e a apandar os/as de arriba.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega