Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Adiviña quen é

Xogos Tradicionais Galegos

Adiviña quen é

Como xogar:

As persoas participantes (non menos de tres) sentan nunha raia marcada no chan, uns a carón doutros. O xogador/a que lle tocou apandar ponse de costas aos demais, a unha distancia non inferior a tres pasos, levando unha pelota pequena, pedra, taco... na man, que deberá lanzar sobre os compañeiros/as e adiviñar o nome do que a atrapa. De o adiviñar, pasa este/a a apandar e se non, continúa el/a apandando.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega