Andavías, tarabelas, tabenlas...
Como xogar:
Trátase duns enredos orixinariamente destinados a espantar os paxaros dos terreos sementados. Constrúense dun xeito moi simple formando dúas hélices con dous anaquiños de folla de lata e cravando este enxeño nun pau. O xogo consiste en correr con este enredo provocando que o aire faga xirar a hélice.