Arrastra mortos /Arrastra-tartarugas
Como xogar:
Materiais para 2 xogadores: 2 botellas de plástico, 2 cordeis, 2 paus ou algo semellante, de 30 cm, aproximadamente.
Preparación do morto con botellas: Encher cunha pouca de auga as botellas de plástico e decoralas coma se fosen tartarugas. Atar os cordeis, por un lado, á parte superior da botella e, por outro, ao centro do pau.
Dinámica do xogo: Poden xogar os/as xogadores/as que queiran, sempre que haxa espazo e enredos para poderen participar. Por un lado, colócase o enredo (botella, taco de madeira, etc.) no chan, enganchado co cordel, e esténdese ata a posición dos/as participantes, que suxeitarán o pau que leva atado o cordel do morto, coas dúas mans. A distancia máis axeitada pode ser entre os 2 e 4 metros. Unha vez dado o sinal de “comezo”, cada xogador/a deberá ir envolvendo o cordel no pau, para traer o morto/tartaruga ata as súas mans. Gaña aquel que o faga no menor tempo posible. Ver ficha

