Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Arrinca-cebolas

Xogos Tradicionais Galegos

Arrinca-cebolas

Como xogar:

É un xogo de forza que serve para coñecer o corpo e perderlle o medo ao contacto físico.
Nel  poden xogar todas as persoas que o desexen. Para facelo, unha persoa senta no chan (tamén se pode facer de pé) apoiada nunha parede coas pernas abertas e, diante dela, van sentando outras na mesma posición, amarrándose con forza pola cintura: son “as cebolas” ou  "as capas da cebola". O xogador/a, de pé, colle polas mans ao primeiro/a da fila e tira del/dela para intentar "arrincalo". Cando o consegue, o "arrincado" sitúase detrás del/dela, amarrándoo á súa vez pola cintura e axúdao a tirar do/a seguinte, así ata que arrinquen todas as persoas.  Ver ficha

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega