As bolichas (o guá)
Como xogar:
Xogan, como mínimo, dúas persoas. Primeiramente, no lugar do xogo facemos un burato no chan, o guá. Dende unha distancia acordada, lanzamos as nosas bolichas cara ao guá. Aquel que consiga metela será o primeiro en saír. Os demais "quedan", é dicir, deixan as súas bolichas en calquera parte do terreo que escollan. O que sae mide unha cuarta coa súa man dende o guá e alí colocará a man coa bolicha, que lanzará co coteno ou coa uña, sobre as demais. Se lle dá a algunha, deberá lanzar e meter no guá a súa bolicha. Desta maneira elimina o compañeiro/a, suma un punto ou queda coa bolicha (depende do acordado inicialmente). De non darlle a ningunha, será a quenda dos/as outros/as compañeiros/as que lles tocará lanzar contra a bolicha que escollan, xeralmente a máis próxima. E así sucesivamente ata que se vaian eliminando e quede un só xogador/a.

