Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Bailarete de bugallo

Xogos Tradicionais Galegos

Bailarete de bugallo

Como xogar:

Collemos un pauciño de 7 cm e afiámolo ben afiado polas dúas puntas. De non termos, vale un escarvadentes. Buscamos un bugallo, o máis grande e redondo posible. A continuación, polo burato do bicho, introducímoslle, xusto polo centro do eixo, un arame afiado ata traspasalo, procurando que non sexa máis ancho có diámetro do pauciño. Metémolo, ben xusto, ata pasalo un cm. Xa temos o bailarete pronto para comezar a danza.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega