Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Boi de carozo de millo

Xogos Tradicionais Galegos

Boi de carozo de millo

Como xogar:

Procuramos un carozo de millo e collemos catro pauciños e aguzámoslles as puntas, coma se fose un lapis. A continuación, facémoslle ao carozo dous buratos, un pouco inclinados cara a fóra, a unha distancia de 3 cm da parte máis grosa e separados entre si 1 cm. Deseguido, repetimos este mesmo proceso a uns 10 cm das patas de diante. Colocamos as patas nos seus buratos respectivos. Apañamos dous paus curvos e procuramos aguzalos e redondealos, de xeito que semellen o máis posible a uns cornos. Realizamos dous buracos, á altura do que vai ser a cabeza, un pouco ladeados. Espetámoslle os paus e xa está feito o boi. 

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega