Cadea

Xogos Tradicionais Galegos

Cadea

Como xogar:

Trátase  dunha  modalidade da queda (pilla). O  xogador/a que apanda persegue todos os outros xogadores/as. No momento en que toca algún, este, en lugar de quedar eliminado, debe suxeitarse polas mans ao primeiro perseguidor, para continuar así a persecución dos xogadores/as que aínda queden ceibos. Ao final do xogo, a cadea de perseguidores é moito máis numerosa ca o conxunto de xogadores/as que aínda se salvaron de ser tocados.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega