Candeeiros de Noz

Xogos Tradicionais Galegos

Candeeiros de Noz

Como xogar:

Foi un artefacto enxeñoso utilizado nalgunhas épocas para obter luz cando se debían de realizar, de noite, certos labores breves arredor da casa. Trátase de facerlle un pequeno burato a unha noz e, unha vez feito e servíndonos dun garabulliño, esmagar detidamente o miolo ata conseguir unha masa pastosa consistente e uniforme. Polo burato feito, a continuación, métese un fío (que os rapaces/as doutros tempos tiraban da súa propia roupa). Unha vez prendido lume neste fío, conséguese que alume ata que o contido aceitoso da noz dea de si.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega