Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Carreira de rodas

Xogos Tradicionais Galegos

Carreira de rodas

Como xogar:

Varios/as participantes con rodas vellas de bicicletas (bandas) e un pau de 15/ 20 cm, que serve de guía.

Marcamos no chan unha raia de saída e outra de chegada. Ao sinal, saimos correndo e facendo rodar a banda a base de golpes co pau. O que primeiro chegue, sen que lle caia a roda ao chan, leva tantos puntos como participantes haxa; o segundo, un menos; o terceiro, dous menos, así ata o último, que levará un punto. No caso de que lle caia, debe volver á liña de saída.

Outras variantes deste xogo consistirían en sortear obstáculos postos no chan, o clásico zig-zag, baixar chanzos ou mesmo facer un percorrido por rúas, camiños...

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega