Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Cataventos, viraventos...

Xogos Tradicionais Galegos

Cataventos, viraventos...

Como xogar:

Estamos diante doutro xoguete froito do enxeño e dos devezos de imitar os maiores cos seus inventos. Neste caso, un enredo que se facía aproveitando o que o mar arrastraba aos areais e que lles servía para ver a dirección do vento. Consiste en montar, sobre o oco dunha cana, unha máis estreita cruzada por outra, que leva nun extremo unha rodela de casca de xiba, sobre a que van espetadas plumas de gaivota. No outro, o máis estreito, atamos outras plumas. Xa estaría o enredo montado para argallar.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega