Chifres, asubíos...

Xogos Tradicionais Galegos

Chifres, asubíos...

Como xogar:

Sirva esta proposta de xogo para simbolizar todos aqueles enredos construídos a partir dos elementos que a natureza pon ao noso alcance para conseguir facer, en certa medida, música.

Cun anaquiño de sabugueiro (bieiteiro) seco, por exemplo, conséguese un chifro da seguinte maneira: Precísase que o anaquiño en cuestión estea pechado por un nó; pola parte aberta introdúcese un taco de madeira ben axustado, pero deixando unha pequena abertura, por onde pasará o aire. Despois, fáiselle un burato á cana por onde acaba o anaquiño de madeira que acabamos de introducir. Conséguese así un enredo que, ao soprar, pita. Se a cana é suficientemente longa, pódenselle facer varios buratos, tendo conseguido, entón, construír unha frauta similar ás modernas, frauta que na cultura tradicional recibe o nome de tiroliro.

Diferentes propostas de chifres poden atoparse neste mesmo sitio web do Consello da Cultura Galega ("Os instrumentos musicais na tradición galega", da autoría de Pablo Carpintero): http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/indice-de-instrumentos/

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega