Curuxa
Como xogar:
Trátase dun xoguete sonoro, que mesmo podía servir como reclamo para certos paxaros. Simplemente consiste en realizar un pequeno burato na barriga dunha coca e, a seguir, baleirar cun arame ou pequeno desaparafusador esa masa esponxosa interior, ata que non fique nada dentro. Para facerlle piar á curuxa, temos que coller a coca con dous dedos e achegarlle o burato ao labio inferior, ao tempo que sopramos intermitentemente imitando o berro agoirento que ten este tétrico animal das tebras.