Danza dos Maios
Como xogar:
Todo o proceso da elaboración do maio, recollida e decoración dos materiais, remata cunha festa na que, despois de ensaiar as coplas inventadas para ese ano, cántanse na praza do lugar cun ritmo específico, dando voltas á estrutura do Maio e acompañadas dos estadullos que levan nas mans e que, co seu golpeo, marcan o ritmo. O fiúncho, os pampullos, as rosas, as camelias, os ovos e as laranxas, van ser os principais elementos na decoración. Nalgúns colexios, fanse tamén con outros materiais traballando manualidades. Algunhas das coplas fan referencia á chegada e exaltación da primavera, outras aos acontecementos que tiveron relevancia durante todo o ano que pasou. Exemplo de coplas:
Canta o cuco, canta o merlo
tamén canta a bubela,
cantan os paxaros ledos
na fermosa primavera.
Alborece o noso berro,
no bicarelo do día
resoan estas cantigas
na fermosa Ferraría.
Do colexio Campolongo,
somos nenos rebuldeiros,
da vila de Pontevedra,
terra de vellos canteiros.
Maio na Festa feito con materiais da natureza
Maio de materiais escolares: papel, cartolinas ...

