Muíño de auga

Xogos Tradicionais Galegos

Muíño de auga

Como xogar:

Trátase dun enredo autoconstruído co que se persegue aproveitar a enerxía da natureza facendo que a auga que corre por un regato mova as súas aspas.

Nunha pataca pequena e ben redondiña (ou nun taquiño de madeira) crávanse cinco ou seis aspas, simetricamente colocadas en redondo. Precísase tamén dunhas minúsculas galletas de garabullo que se espetan no chan a cadanseu lado do regueiro ou da corrente de auga que vaiamos utilizar. A pataca orixinal atravésase cun garabullo recto e suficientemente longo como para ser apoiado nas dúas galletas. Só queda situar o muíño correctamente, de tal xeito que a forza da auga pete nas aspas, e comprobar como funciona.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega