O furón
Como xogar:
Facemos un coro de varios compañeiros/as coas mans xuntas cara adiante deixando un oco pola parte superior (dedos polgares metidos para dentro). Fronte a eles un/ha compañeiro/a que apanda e outro/a que fai de "nai", que será o/a que leva unha pedriña na man e percorrerá o coro cantando unha cantiga:
"O furón está nas mans, nas mans está o furón. E o/a neno/a que o gharde, que o gharde con moita atención. Pasou por alí e eu non o vin, que neno/a será o que o terá".
Ao remate da cantiga, a "nai" pregúntalle a quen apanda en que man depositou o furón. Se atina, pasa el/a ao coro e o/a que a tiña, apanda. Se non atina volve a apandar.

