Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

O tiraboghas

Xogos Tradicionais Galegos

O tiraboghas

Como xogar:

Primeiro debemos construír o enredo. Collemos unha rama de bieiteiro (bieito, biouteiro, birouteiro, pau virandoiro, sabugueiro, sabugo, sabuguiño, samugueiro, sango…) de aproximadamente 25 cm. Baleirámola por dentro e a continuación facemos unha pequena vara que entre xusto polo burato feito. Finalmente, colocamos unha bogha de loureiro na entrada do burato e outro no final. Coa vara empuxamos cara a dentro a bogha da entrada. Creararase unha cámara de aire que provocará que a bogha situada no final saia disparada coma unha bala. Debemos ter un obxecto ou diana ao que tirar, aínda que a esencia en si do xogo é o ruído que o “disparo” produce.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega