Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Pepe repepe

Xogos Tradicionais Galegos

Pepe repepe

Como xogar:

Na tradición galega existen moitos pequenos xogos creados a partir dos nomes das persoas. Neste mínimo exemplo, e nun primeiro momento, o xogo consiste simplemente na repetición, por parte da persoa adulta, da cantiguiña. Nunha etapa posterior, previa memorización, o neno/a debe ser que de repetilo.

 

Recitado: Pepe repepe,

               camisa rachada,

               foi á Coruña

               lamber a pescada.

               Lambeu e lambeu

               e nunca se encheu.

               Pepe repepe,

               camisa cagada,

               foi ao regueiro

               e tróuxoa mexada.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega