Pulso

Xogos Tradicionais Galegos

Pulso

Como xogar:

Trátase dun "combate" entre dúas persoas que tentan, cada unha delas, levarlle o pulso á contraria. Os contendentes sitúanse a cadanseu lado dunha mesa, cunha das mans (repárase en que pode ser disputado por loitadores zurdos) entrelazada na do adversario e co cóbado dese mesmo brazo apoiado na mesa.

A un sinal, dun xuíz ou deles mesmos, cada un fará forza para tratar de obrigar o adversario a tocar a mesa co dorso da man en cuestión, momento en que gañará a pelexa.

A man libre debe colocarse nas costas, para evitar facer forza con ela na mesa. Por outra parte, existe unha modalidade do xogo en posición ergueita. Os dous contrincantes teñen un dos seus pés pegado ao do adversario. Agarrados por unha das mans, perde aquel que mova ese pé.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega