Queda, pilla...

Xogos Tradicionais Galegos

Queda, pilla...

Como xogar:

A carreira, como forma elemental de xogo, ten moitas variantes, sendo a presente a descrición xenérica dalgunhas delas. Decididas as sortes, o xogador/a que apanda debe correr detrás dos outros participantes, tratando de tocar un deles, de agarralo con todas as da lei, de arrincarlle o rabo de papel que leva atado na cintura..., dependendo da modalidade. En todo caso, o xogador/a pillado intercambia o papel de perseguidor co que ata daquela exercía esta función.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega