Tanque, pino, marqueta...

Xogos Tradicionais Galegos

Tanque, pino, marqueta...

Como xogar:

Trátase dun xogo de puntería que consiste en colocar dúas lousas de pedra, unha un pouco máis grande ca a outra, fronte por fronte e separadas uns 18 pasos. Para lograr que estean ergueitas póñenselle forras por diante e por tras. Logo hai que procurar unha pedra de máis ou menos o tamaño dunha laranxa grande, que será a que se lance.

Xógase un/ha contra un/ha. Colócase quen vai lanzar na primeira lousa e lanza contra a segunda, coa intención de tirala; despois, tira o contrincante. A continuación van os dous para a segunda lousa, para recoller as pedras que lanzaron, e desde alí tiran cara á primeira, e así sucesivamente.

Atinarlle á lousa máis pequena vale 15 puntos, mentres que darlle á grande, só 10 puntos. O que se xogaba tradicionalmente era un paseo arredor das lousas, o gañador/a montado nas costas do/a que perdera. 

Unha segunda variante xógase cunha soa lousa. Fanse sucesivas liñas de lanzamento e outórgaselle unha puntuación a cada unha delas, segundo a distancia (e a dificultade, polo tanto). As partidas son, igualmente, entre dous ou máis contrincantes.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega