Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Tirasoga

Xogos Tradicionais Galegos

Tirasoga

Como xogar:

Outras denominacións: Tira e afrouxa, sogatira, tiro de corda, a maroma...

Consiste nunha competición por equipos, cada un deles en ringleira detrás do seu capitán/capitá quen, á súa vez, se sitúa fronte ao capitán/capitá do equipo contrario. Trátase dun xogo no que contan a forza e a habilidade utilizadas en coordinación cos membros do propio grupo.

No punto medio da corda átase un pano, situado sobre una lina divisoria riscada no chan. Os capitáns de cada grupo deben estar á mesma distancia desa liña da zona de xogo e afastados algúns metros dela. Ao sinal de inicio os equipos deberán tirar da corda, cada un cara a atrás, procurando arrastrar o equipo contrario ata o terreo propio superando a liña divisoria. O equipo que o consiga é o gañador.

Pódese acordar que para gañar abonde con que a primeira persoa do equipo pise a raia. Tamén se poden riscar dúas liñas equidistantes da raia central divisoria, de xeito que sexa gañador o equipo que consiga que o pano supere a liña do seu lado.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega