Tren de caixas de mistos
Como xogar:
Despois de procurarmos unhas cantas caixas de mistos, a poder ser usadas, quitámoslles a parte da cuberta e ficamos só coas caixas. Procedemos a facerlles un burato xusto no centro dos laterais máis estreitos da caixa rectangular, agás a unha delas, que será destinada a ser o último vagón. Unímolas cun fío, unha a unha. Enganchamos outro fío longo á primeira, que vai facer de máquina, poñémoslle a tapa e xa nos queda montada a locomotora e os vagóns, previamente unidos.

