Tres pés
Como xogar:
A carreira é unha forma lúdica competitiva elemental. A modalidade que presentamos obriga á coordinación e á “solidariedade” entre dous xogadores/as porque o movemento dun depende dos movementos do outro. Así é que se trata dun traballo en equipo que consiste en correr por parellas cun dos pés de cada membro da parella atado ao do outro. É, en resumo, unha carreira con tres pés.