Vixiguento
Como xogar:
Existen na literatura oral infinidade de xogos cos dedos das mans. Sirva o presente como mínimo exemplo. A persoa adulta recítalle ao neno/a a cantiguiña tocándolle sucesivamente os dedos e rematando por facerlle cóxegas na palma. As repeticións ao longo do tempo deben provocar que o neno/a acabe por levar a cabo o xogo de xeito recíproco, sendo el/ela quen o dirixa.
Recitado: Vixiguento,
mal contento,
pide pan
e non llo dan
e rabea coma un can.


