Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Xogo do motón

Xogos Tradicionais Galegos

Xogo do motón

Como xogar:

Comeza o xogo poñendo as mans dos participantes (como mínimo, dous) unhas enriba das outras alternativamente (recomendable enriba dunha mesa, chan ou calquera superficie). O/A xogador/a que ten a man debaixo de todo pregunta: Que hai aquí?

Os/As demais respostan: Un montón.

O/A de abaixo volve preguntar: Con que se revolve?

Os/As demais: Cun cullerón.

O/A de abaixo: Ao que se ría, un "bofetón".

Ao rematar, quita rapidamente a man de abaixo e pona enriba de todo e continúa o xogo ata conseguir que todos/as os/as participantes pasasen por debaixo.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega