Xogos de roda, de corro...
Como xogar:
Os xogos de roda ou corro consisten en que, ben a familia ou un grupo de nenos/as dirixido por unha persoa adulta (se se trata das primeiras idades), ben unha cuadrilla de nenos/as autónomos, fagan a roda e canten, a tempo que realizan as accións que a cantiga que verbalizan vai demandando, como sucede no exemplo.
Recitado: Que ande a roda,
que ande a roda,
quero, quero, quero ver bailar.
Que dea a volta a roda,
que dea volta a roda,
quero, quero, quero ver bailar.
Sae a bailar, nena “hermosa”,
nena “hermosa”, sae a bailar,
que che quero ver a saia
que che comprou o papá.
Que ande a roda,
que ande a roda,
quero, quero, quero ver bailar.
Que dea a volta a roda,
que dea volta a roda,
quero, quero, quero ver bailar.