Xogos de sortes
Como xogar:
Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación.
1.Tris, tras, cabaleiro,
fóra estás
2. Gato gato, maragato
a quen lle toca o número catro
un, dous, tres e catro
3. Debaixo dunha pedra
hai unha cobra branca
que se move, que se asoma
para botar a quen salta.
4.Sangue callado
de primeira división
vou o cemiteiro
a facer a dixestión.
Eu vivo nun castelo
e durmo nun sartego,
rodeado de esqueletes,
de monstros e morcegos.
5. Ría ría, chabarría
trae tres trapos na barriga
un canta, outro pía
e outro toca a sinfonía.
Ver máis Xogos de sortes - Ver en vídeos


