Zoadeira, fungona...

Xogos Tradicionais Galegos

Zoadeira, fungona...

Como xogar:

Como todos os xoguetes autoconstruídos, a zoadeira cumpre a súa función lúdica nun dobre plano: na súa construción e na súa utilización como xoguete. Precísanse unicamente unha baraza e unha peciña de madeira pequena, un botón ou calquera outro obxecto similar. O enredo constrúese pasando a baraza polos dous buratos realizados no taco de madeira, e unindo as puntas. Despois, xa poderá ser utilizado. A baraza cóllese cun dedo en cada extremo e dánselle unha cantas voltas ao taquiño de madeira ou ao botón para que, ao soltalo, comece a dar voltas e a zoar. O trebello, ao tirar e afrouxar coa debida técnica, colle inercia e xira, zoando sen fin. 

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega