Que é?

Xogos Tradicionais Galegos

Que é?

O Consello da Cultura Galega ten na defensa e promoción da lingua e cultura galega o seu eixo fundamental. O patrimonio, tanto material como inmaterial, é unha columna vertebral da identidade de Galicia.

Nos debates actuais sobre como preservar o patrimonio inmaterial están sempre presentes complexos desafíos. Se ben é posible documentar ese patrimonio e preservalo para o futuro, a súa transmisión representa un enorme reto. As lendas, cantigas, saberes, oficios ou contos populares naceron nunha sociedade radicalmente transformada nos nosos días, e na que deben atopar o seu sitio. 

Os xogos son unha parte fundamental dese acervo e, se cadra, un dos saberes nos que a transmisión directa aínda é posible. Nunha sociedade tecnolóxica como é a nosa, os xogos físicos, que requiren o exercicio da imaxinación, da axilidade mental e física, ofrécennos unha posibilidade doada de usar, gozar e, xa que logo, de preservar a memoria dos ancestros e facela útil cara ao futuro. 

Neste sentido, o Consello da Cultura Galega alégrase de colaborar co Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego nun formato tecnolóxico, en web e app, para facilitar esta transmisión tan necesaria. Desde hai décadas, o CCG aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura galega. Concibimos esta ferramenta como un apoio para nais, pais e docentes que queren incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para que poidan consultala con facilidade en interior e en exterior, no rural e no urbano. Pero tamén para calquera persoa, de calquera idade, que queira xogar, pois o ser humano xoga durante toda a súa vida.

O amplo acervo de xogos tradicionais de Galicia permite conectalos con numerosas destrezas, habilidades e coñecementos fundamentais na formación das persoas. Pero ao tempo, conéctanos cos saberes desenvolvidos polos nosos devanceiros durante centos de anos. 

A ferramenta que presentamos está concibida como un proxecto en permanente actualización. Neste sentido, irá incorporando progresivamente novos recursos.

Agardamos que gocen destes xogos tanto coma nós. 

 

Promoven:

Ilustracións:

Nuria Díaz

 

Colaboran:

Entidades integradas no Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego:

Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT)

Asociación de Xogadores/as da Chave da Santiago

Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional

Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), de Ponteceso

Odaiko Krea, SL

O recuncho das argalladas, museo de Vilanova de Lourenzá

Xogos Populares e Tradicionais (Santalla - A Pontenova)

Xogos Tradicionais Muimenta (XOTRAMU)

 

e, a título individual, as seguintes persoas:

 

Antón Cortizas Amado, investigador dos xogos e xoguetes tradicionais

Apolinar Graña Varela, investigador da Universidade de Navarra

Carmela Sánchez Aríns, investigadora e técnica do patrimonio

Ismael Álvarez López, investigador da Universidade de Burgos

Manuela Vázquez Coto, investigadora da Universidade da Coruña

 

Colaborou poñendo os xogos en imaxes:

Antonio Ferrer Moreira, do CEP Campolongo de Pontevedra

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega