Tecelán
Como xogar:
O "tecelán" representa, en certa medida, o catálogo tradicional de xogos de parellas. Os dous participantes cóllense das mans e balanzan os brazos mentres cantan. Ao acabaren, e sen sentaren, dan un xiro e colócanse de costas. Repiten a cantiga para volver á posición inicial, e así sucesivamente ata que o xogo se esgote.
Recitado: Tecelán, tecelán,
dálle a volta
ao batán!

