Catro esquinas, hai fume na túa casa...

Xogos Tradicionais Galegos

Catro esquinas, hai fume na túa casa...

Como xogar:

Precísase un espazo que, literalmente, dispoña de catro esquinas. Se isto non ocorre, as esquinas poden ser substituídas por círculos debuxados no chan e suficientemente separados uns dos outros, formando entre todos eles un rectángulo. Un xogador/a apanda e sitúase no medio. Cada un dos círculos é a casa dun dos participantes. O que apanda diríxese a un dos xogadores/a con casa e pregúntalle:

     - Hai fume na túa casa?

O interpelado/a responde:

     - Non, na miña casa só hai lume! Pregunta naquela (sinala outra das casas).

Mentres tal conversa acontece, co que apanda situado preto da casa do interpelado, os outros tres participantes, a toda velocidade, intercámbianse de casa. O xogo consiste en que quen apande logre entrar nunha das casas no preciso momento -mínimo- en que esta estea baleira.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega