Xogos tradicionais galegos | Consello da Cultura Galega

Estraloque de cardo, tricotraco

Xogos Tradicionais Galegos

Estraloque de cardo, tricotraco

Como xogar:

Collemos o talo seco dun cardo que teña tres gallos. Cortamos esa galla tridente deixándolle un mango para manipular e logo acurtámoslle a póla central. Apañamos un pauciño e afiámolo coma unha agulla gordecha, deixando unha parte sen rebaixar. Collemos o outro anaco de talo e, xusto no centro, facémoslle un buratiño, para que por el entre, moi axustado, ese pincho. Finalmente, colocamos este talo transversal acabalgado entre as dúas gallas e introducimos a espeta no burato da galla central. Para accionalo, colócase o mango no medio das mans e frégase unha contra a outra, fortemente, cara adiante e cara atrás.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega