Foguetes

Xogos Tradicionais Galegos

Foguetes

Como xogar:

Os foguetes son uns enredos tremendamente simples que só precisan dun xunco verde. O rapaz ou rapaza en cuestión arrinca polo pé o xunco e, con tino, comeza a sacarlle unha pequena tira de codia. Cando a tira xa está a medio sacar, cóllea entre os dedos dunha man e, tirando con forza coa outra pola propia codia, provoca que o xunco saia disparado cara a arriba como se realmente fose un foguete. En palabras de Xocas, “claro está que son foguetes silandeiros, mais faise intervir á boca, e a imaxinación fai todo o demais”.

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega