Pase misí, pasa perico...

Xogos Tradicionais Galegos

Pase misí, pasa perico...

Como xogar:

Sirva como mostra dos xogos que se levan a cabo en filas. Dous xogadores/as agárranse das mans e forman con elas unha ponte, por debaixo da cal van ter que pasar todos os elementos da fila. Cada un destes dous xogadores elixe o nome dunha froita, dunha color ou de calquera obxecto, sen que os demais os coñezan. Os integrantes da fila, agarrados polo van ou mesmo polas mans, van pasando por debaixo da ponte, ao tempo que todos cantan o recitado.

 

No momento en que a cantiga así o indica (“se quedarán”) o integrante da fila que estea debaixo da ponte queda atrapado por esta. Ás agachadas, este terceiro xogador poderá escoller entre os dous nomes que lle ofrecen os dous directores/as do xogo. Efectuada a elección, este terceiro xogador/a pasa situarse detrás do director posuidor do nome que el escolleu.

 

O proceso repítese ata que non existen nada máis que dúas ringleiras detrás dos directores/as orixinais do xogo. Nese momento, estes dous personaxes trazan unha liña no chan entre eles e agárranse polos pulsos. Os dous equipos, suxeitados cada un dos compoñentes pola cintura do quen ten diante, turrarán como nunha competición de tiro de corda ata que un logre que o equipo contrario pise a liña trazada.

 

Recitado 1: Pasa perico, pasa monteiro,

               polas portas do carabineiro;

               os de adiante corren moito,

               os de atrás aí quedarán.

 

Recitado 2: Pase misí, pase misá,

               por las puertas de Alcalá;

               los de adelante corren mucho,

               los de atrás se quedarán.

 

Debe observarse que, a pesar do seu carácter competitivo, en realidade na maior parte do seu desenvolvemento o xogo está exento deste trazo, constituíndo a loita final unha especie de acción festiva final do xogo, pero nin tan sequera o seu elemento esencial.

 

Compartir:

Promoven

Consello da Cultura Galega Consello da Cultura Galega